Friday 03 de May de 2024

Esta fin de semana abre a Oficina de Turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera


O Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. O punto de información de Santa Cristina abrirá de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e a Aula do Mar abrirá de luns a domingos en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

Durante os meses de xullo e agosto o servizo de información turística ampliarase na torre do Castelo de Santa Cruz. O horario de atención será de 16:00 a 19:30 horas as tardes dos martes, mércores, venres e sábados e de 10:30 a 14:00 horas os domingos.

A partir de xullo tamén volverán as rutas guiadas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas poderán obter máis información sobre estas poñéndose en contacto coa Aula do Mar no teléfono 981 618 154.